Hoxe quero presentar ós meus porquiños. A porca nai, un bichazo de máis de 200 kilos, chámase Cospedal. É mansiña e gústalle moito o millo, as mazás, as patacas e o pan... E os porquiños son os fillos dela, naceron en agosto e son moi simpáticos.
Vouvos deixar unhas fotos de cando naceron e un video para que vexades o bonitiños que son.
Empezamos a nova temporada de cria. Para iso contamos con dúas incubadoras. Nelas puxemos 54 ovos de galiña de mos e 37 das galiñas rubias da casa.
O tempo de incubación son 21 días. Durante 18 días voltearanse cada seis horas aproximadamente e os tres últimos días pasanse á nacedora. A temperatura será de entre 37,5 e 37,8 cunha humidade de 85% e 87%.