jueves, 19 de diciembre de 2013

PORCOS

Hoxe quero presentar ós meus porquiños. A porca nai, un bichazo de máis de 200 kilos, chámase Cospedal. É mansiña e gústalle moito o millo, as mazás, as patacas e o pan... E os porquiños son os fillos dela, naceron en agosto e son moi simpáticos.

Vouvos deixar unhas fotos de cando naceron e un video para que vexades o bonitiños que son.





 
Así eran cando naceron






miércoles, 18 de diciembre de 2013

INCUBADORA

Empezamos a nova temporada de cria. Para iso contamos con dúas incubadoras. Nelas puxemos 54 ovos de galiña de mos e 37 das galiñas rubias da casa.
O tempo de incubación son 21 días. Durante 18 días voltearanse cada seis horas aproximadamente e os tres últimos días pasanse á nacedora. A temperatura será de entre 37,5 e 37,8 cunha humidade de 85% e 87%.

E agora a esperar a que nazan os pitiños!!!!





sábado, 23 de noviembre de 2013

GALO DE CURRAL CON CASTAÑAS

Hoxe fixen para comer galo de curral guisado con castañas,feito todo na cociña de leña moi lentamente. Tódolos ingredentes son da casa da nosa horta e da nosa granxa. Un plato sinxelo e que sempre queda ben. É ideal nesta época de castañas e nas festas de Nadal.  E sen máis, aqui deixovos a receita. 

INGREDIENTES: 
  • 1/2 galo de curral 
  • 300 grs. de castañas
  • unha cebola
  • un pemento vermello
  • unha cenoura
Adobamos o dia anterior o galo.
Douramolo un pouco nunha pota cun pouco de aceite de oliva. Retiramos. Seguidamente pochamola cebola, o pemento e a cenoura cortado todo en anaquiños. Engadimos o galo e seguidamente un litro de caldo de polo que faremos con unha carcasa.
Mentras tanto quitaremoslle a cascara ás castañas e botamolas en auga fervendo uns cinco minutos. Escurrimos e quitamoslle a tona. Engadimos á pota xunto co polo. Deixamos que se vaia facendo todo xunto sobre unhas duas horas remexendo de vez en cando. Se lle fai falta engadir máis caldo.
Co caldiño que sobrou podese facer unha sopiña, que ven moi ben co frio que fai.

E xa está!!!! Un prato rico, rico.






miércoles, 20 de noviembre de 2013

CREMOS NO NATURAL

Na nosa granxa alimentamos os nosos animais con millo, trigo, berzas... Naturais. Cultivadas sen herbicidas nen pesticidas. Neste video fala de Monsanto, multinacional de semillas, cereais etc. Que aboga polo transxenico e modificado xeneticamente.

lunes, 18 de noviembre de 2013

POLOS DE CURRAL, DA CASA, CAMPEIROS....

Pois iso, lle chames como lle chames é o mesmo. Son os polos criados na casa, con cousas naturais, berzas, millo, trigo, pan.... Polos criados como sempre se fixo, correndo pola eira, papando miñocas e canto bichiño atopan. Que corren libres e cantan ó mencer (aínda que os meus cantan cando lles da a gana).

Así é como debe ser. Crianza natural, artesanal. Non como nesas grandes empresas que os botan 5 minutos fóra e xa din que son campeiros.... Opinións e gustos para todos iso si. Sin ofender a ninguén.

Pero que gusto da velos nacer, boliñas de pelo amarelo. Velos medrar picoteando aquí e alí. Batendo as ás, estirandose todo o que dan, rabuñando a terra e dándose baños nela jejjeje

Isto é a miña filosofia. Canto máis natural sexa mellor. Canto máis libres mellor. Os meus polos "viven". Ata que lle chega a hora, claro.

Para este Nadal temos galos para vender, estan sobre os 3 ou 4 kilos. Servense limpos ou vivos, a gusto do consumidor. Procuraremos ter para todo o ano así grandes por se alguén os quere.

Tamén vendemos ovos das nosas galiñas, a moi bo prezo. Servense a domicilio.





Con árbores para que lles dean sombra.

De tódalas clases, rubios, pedreses, de mos, piñeiros... e algún blanco.


 


sábado, 16 de noviembre de 2013

A HORTA EN NOVEMBRO

É tempo de planear ben a distribución da horta. Onde irán as coles, os repolos, as coliflores, o brécol....
Sementar grelos de Santiago, de Lugo.... ¿Será cedo para plantar os allos, as cebolas? En algúns sitios plantan fabas e guisantes... podería probar.

Son tantas preguntas....!!! Pero iso é o bonito da horta, as probas, os fracasos, os acertos. É tan emocionante!! Primeiro informarse ben por internet, lendo libros, preguntando a veciños. Despois de sementar ir mirar cada dia se nace, se medra, ....

Vouvos ensinar a miña pequena horta en novembro.


coles
coles, repolos, puerros...

os allos morados medran...



manta térmica
Leitugas, puerros recen transplantados.