OS MEUS POLOS
Hoxe queria falarvos dos meus polos,
dos que estou moi orgullosa. Vinos medrar dende que tiñan apenas uns
dias, tan pequeniños, ata agora que con case tres meses xa algún
empeza a cantar e logo se convertirá en galo. Vouvos contar a
historia dende o comezo.
A fimais de xullo, unha das miñas
galiñas puxose choca, polo que decidin poñela a ela soa con 5 ovos
a ver se quitaba algún pitiño. Despois de 21 días de febre e
apenas comer xa que non saia do niño, naceron 2 pitiños (cunhas
horas de diferencia). Entón pensei: ¿por que non compro algúns
máis a ver se os coida como se fosen seus?. Pois alá me fun a un
almacén de Moraña, no que se comprabas un saco de penso de 40 kg.,
regalábanche unha ducia de pitiños dun dia. ¡Que gran negocio!
Tivemos os nosos máis e os nosos menos
a galiña e máis eu. Porque eu queria meterllos no niño e ela
pensaba que lle queria quitar os seus... en fin. Que aceptounos a
todos excepto a 3. Pobriños. Tivenos como unha semán nunha xaula
dentro da casa, para que non tivesen frio. E despois pasaron para o
seu sitio definitivo. Que contentos estaban.
Teño que dicir que pesaban arredor dos
50 grs. Coméronse o saco do penso enteiriño e agora doulle picón
de millo, verduras, millo e todalas herbas e bichos que pillan pola
eira. E agora, cos seus 2,500 kg. Mira para eles e síntome moi
orgullosa.
E para que vexades, pois unhas fotos.

