viernes, 26 de octubre de 2012

OS MEUS POLOS

Hoxe queria falarvos dos meus polos, dos que estou moi orgullosa. Vinos medrar dende que tiñan apenas uns dias, tan pequeniños, ata agora que con case tres meses xa algún empeza a cantar e logo se convertirá en galo. Vouvos contar a historia dende o comezo.
A fimais de xullo, unha das miñas galiñas puxose choca, polo que decidin poñela a ela soa con 5 ovos a ver se quitaba algún pitiño. Despois de 21 días de febre e apenas comer xa que non saia do niño, naceron 2 pitiños (cunhas horas de diferencia). Entón pensei: ¿por que non compro algúns máis a ver se os coida como se fosen seus?. Pois alá me fun a un almacén de Moraña, no que se comprabas un saco de penso de 40 kg., regalábanche unha ducia de pitiños dun dia. ¡Que gran negocio!
Tivemos os nosos máis e os nosos menos a galiña e máis eu. Porque eu queria meterllos no niño e ela pensaba que lle queria quitar os seus... en fin. Que aceptounos a todos excepto a 3. Pobriños. Tivenos como unha semán nunha xaula dentro da casa, para que non tivesen frio. E despois pasaron para o seu sitio definitivo. Que contentos estaban.
Teño que dicir que pesaban arredor dos 50 grs. Coméronse o saco do penso enteiriño e agora doulle picón de millo, verduras, millo e todalas herbas e bichos que pillan pola eira. E agora, cos seus 2,500 kg. Mira para eles e síntome moi orgullosa.
E para que vexades, pois unhas fotos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario