jueves, 25 de octubre de 2012

O COMEZO

Hoxe empezo a miña andaina como blogueira. Con este blog quero dar a coñecer as miñas actividades como agricultora e gandeira. Empezo de cero, pero con moita ilusión.

Cheguei ata aquí despois do meu paso polo mundo laboral en diversos sectores, que nada teñen que ver con isto. Teño titulación en Administrativo, pero ante a falta de oportunidades no mercado ( por certo: grazas por todo os políticos, banqueiros, empresarios e demais... ), e despois de que me diagnosticasen Fibromialxia, que ven a aumentar os problemas para atopar un novo traballo, decidín sacarlle proveito as posibilidades que me ofrece ter unha casa no campo.

 Estou empezando unha pequena produción agrícola ( !!! se me vira miña nai !!!! ) que veña a cubrir as miñas ( e de todos )  necesidades alimenticias e a súa vez permítame poder sacar algo de cartos, claro.

Aquí irei publicando as miñas andainas e progresións neste mundiño e tamén algunhas noticias de interese relacionadas co sector que espero vos sexan de agrado e axuda para as vosas propias hortas.

Agradecerei tamén os vosos comentarios e consellos, que boa falta me van a facer, co fin de conseguir ter unha produción ecolóxica e saudable, que veña a completar a satisfacción que produce cultivar e ver medrar a túa propia colleita.

Un saúdo a todos e benvidos a GRANXA DA CHORIMA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario